Actualidad

O Programa Fábrica Intelixente poderá cubrir ata un 80% do orzamento

SAN CAETANO10,00 h.- O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, comparecerá en rolda de prensa para dar conta dos asuntos tratados na reunión do Consello. Na sala de prensa de Consello. foto xoán crespo 26/10/17
A Xunta abre ás pequenas empresas esta iniciativa, que se concretará a inicios do 2018, e rebaixa o mínimo de investimento dos proxectos ata catro millóns de euros

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou a posta en marcha da segunda edición do programa Fábrica Intelixente para dar un novo pulo á innovación como base do novo modelo industrial. Durante a rolda de prensa do Consello, Núñez Feijóo precisou que esta segunda edición, que contará con algo máis de 18 millóns de euros _que se suman aos máis de 55 millóns xa achegados con este obxectivo o pasado mes de xuño_, mobilizará un total de 60 millóns de euros. En total, entre ambas as dúas convocatorias, mobilizaranse 228 millóns de euros. As axudas públicas a través deste programa poderían chegar ata o 80% do orzamento do proxecto.

O responsable do Goberno galego subliñou que nesta convocatoria poderanse beneficiar pequenas empresas. Na súa primeira edición estaba destinada ás grandes e medianas compañías. E, para isto, rebáixase o limiar mínimo de orzamento dos proxectos desde 20 millóns de euros ata 4 millóns.

Esta iniciativa arranca coa publicación no DOG (27/10/2017) dunha consulta ao mercado que permitirá coñecer o interese que existe por desenvolver en Galicia proxectos no eido da industria 4.0. Despois, a principios de 2018, publicarase a convocatoria correspondente.

Ao programa Fábrica Intelixente poderán acceder tanto proxectos individuais como outros feitos en colaboración. Según apuntou Núñez Feijóo, a axuda pública cubrirá entre o 25 e o 80% do orzamento do proxecto, segundo o tipo de iniciativa e de empresa.

Publicidad

Facebook