Agenda

Coñece todos os segredos do marketing alimentario nun workshop en Santiago

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) e a Cátedra Jean Monnet de Economía Industrial Europea (Grupo de Competencia e Desenvolvemento Rexional na UE) da Universidade da Coruña organizan o Workshop: Food & Beverage Marketing Trends on the edge of 2020. Helping companies make what people want to eat impartido por John Stanton, profesor de Marketing na St. Joseph University. Será na Cidade da Cultura de Santiago o próximo día 21.

Segundo informa Clusaga na súa web, John Stanton é profesor de Marketing na St. JosephUniversity desde o ano 1984, conta cunha ampla experiencia no mercado alimentario norteamericano e desempeñou postos directivos nas industrias do sector. Foi Vicepresidente de Marketing para MellitaCoffee Co. durante 20 anos, Director de Investigación en WeightmanAdvertisingAgency e tamén traballou para Tengelmann en Alemaña. Actualmente, é membro do Comité de Dirección de Herrs Food Co. e de FrankfordCandy Co.

No plano científico, conta con máis de 60 publicacións de artigos académicos, incluíndo o JournalofmarketingReseach e a revista Science, así como numerosos manuais como Winning Marketing Strategy: the Rules (2009) e PrecisionTarget Marketing (2010). Así mesmo, na actualidade o profesor Stanton é director do Instituteof Food Products Marketing e editor das prestixiosas publicacións académicas coma o Journalof Food Products Marketing.

As súas liñas de especialización son a marketing de produtos alimentarios e en particular a importancia dos distintos atributos físicos fronte ás marcas dos produtos e a información que as compañías outorgan aos consumidores.

A inscrición pode facerse a través do 981556062 e info@clusaga.org

Temas

Publicidad

Facebook