Agenda

O rural galego precisa de emprendedores

A Asociación Mariñas-Betanzos organiza un curso durante a próxima semana na Fundación Juana de Vega sobre ‘Emprendemento rural, recursos locais e cooperativismo’

O dinamismo dos emprendedores está chegando ao eido rural. É un feito. A xente nova mostra interés polo rural y polas posibilidades de emprego e negocio que ofrece o sector primario. Unha oportunidadespara a formación dos emprendedores galegos do rural é o curso que organiza a Asociación Mariñas-Betanzos, unha das comarcas más dinámicas neste campo. O curso leva por título: Emprendemento rural, recursos locais e cooperativismo. Impartirase durante a próxima na sede da Fundación Juana de Vega, en San Pedro de Nós (Oleiros). A iniciativa está dirixida a productores agroalimentarios, productores de agricultura ecolóxica, emprendedores interesados en poñer en marcha unha inicativa emprendedora no rural, técnicos de GDR, técnicos locais de emprego e outras personas interesadas.

Máis información: http://bit.ly/2j82Tli

 

Publicidad

Facebook