Agenda

Volven a Santiago as charlas TEDxGalicia para promover as ideas innovadoras

A Cidade da Cultura de Santiago, na súa aposta por promover a difusión de ideas innovadoras, acollerá por terceiro ano consecutivo as charlas TEDxGalicia, que se celebrarán o sábado 2 de decembro no Museo Centro Gaiás e que nesta edición terán como lema Ultreia. Ánimo para ir máis alá.

As charlas TED creáronse en 1984 en California como un evento para a transmisión “daquelas ideas que pagan a pena ser difundidas”, como reza o seu lema, facendo referencia á repercusión global que acadan os seus vídeos. TED é o acrónimo de Tecnoloxía, Entretemento e Deseño, as tres grandes áreas temáticas. O seu formato áxil (duración máxima de 18 minutos), así como a escolla de relatores e temas fixo que pronto se convertesen nun fenómeno viral con millóns de visualizacións a través de YouTube.

Moi pronto, nomes como Bill Clinton, Bill Gates, Jane Goodall, Frank Ghery ou Bono pasaron por TED, impulsando o éxito desta marca. A boa resposta por parte do público levou a TED a crear os programas TEDx co obxectivo de reproducir estas conferencias en diferentes países, cidades ou rexións do planeta.

Co lema Cara unha sociedade movida pola talento, a primeira edición dos TEDxGalicia tivo lugar no ano 2010. Desde entón se veñen celebrando anualmente en diferentes localizacións da comunidade, sempre con extraordinaria resposta por parte do público. Desde 2015, a Cidade da Cultura acolle este evento no marco de seu programa de apoio ao emprendemento e a innovación.

A organización de TEDxGalicia anuncia que os nomes de conferenciantes non se darán a coñecer ate principios de novembro, pero que as entradas para asistir como público sairán a venda o 1 de outubro en tedxgalicia.com ou en cidadedacultura.gal.

Publicidad

Facebook