Convocatorias

A convocatoria dos V Premios Bioga, que recoñecen as iniciativas e o talento no sector bio galego, aberta ata o 31 de outubro

Os galardóns, impulsados polo Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida e Gain, serán entregados o 10 de novembro

O Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida BIOGA, convoca os V Premios Bioga, organizados pola propia Bioga e a Axencia Galega de Innovación (GAIN). Os Premios Bioga pretenden incentivar a posta en marcha de iniciativas empresariais dos mozos e mozas galegos e recoñecer o talento dos investigadores máis novos e, ao mesmo tempo, o recoñecemento de empresas competitivas do tecido empresarial galego no eido biotecnolóxico e das ciencias da vida. Os premios son convocados a partir do 2 de outubro e ata o próximo 31 de outubro.

Haberá 2 modalidades: Premio á empresa biotech máis competitiva para aquelas empresas con traxectoria empresarial consolidada nos últimos anos e con logros biotecnolóxicos destacados. Premio á mellor idea empresarial biotech para proxectos innovadores ou empresas de recente creación que aposten por revolucionarios produtos ou servizos no campo das ciencias da vida e con visión de futuro.

Un xurado, formado pola Xunta directiva de Bioga, unha persoa representante da Universidade de Santiago de Compostela, un representante das Fundacións Biomédicas, un representante da Axencia Galega de Innovación e os gañadores na edición anterior (Ecocelta e Techvaccines), será o encargado de elixir as empresas premiadas entre as candidaturas recibidas. A decisión deste será inapelable.

Os premios entregaranse o día 10 de novembro nunha cerimonia nas instalacións da empresa recoñecida como gañadora da Empresa máis competitiva da IV Edición nun acto público do sector Bio e das Ciencias da Vida de Galicia. Pode atoparse máis información na web de Bioga: www.bioga.org.

Publicidad

Facebook