Convocatorias

Aínda non solicitaches o bono autónomo? Tes de prazo ata o día 31

O prazo para solicitar o Bono Autónomo, unha nova medida pioneira en Galicia cun investimento de tres millóns de euros e que apoia con ata 3.000 euros por traballador a consolidación da súa empresa, remata o xoves 31 de agosto.

Co cheque, que se outorgará en concorrencia non competitiva, poderanse contratar servizos de mellora de xestión financeira, de optimización de procesos de produción e cadea loxística, relanzamento comercial, imaxe e comunicación e posicionamento na web.

O bono tamén poderase empregar en plans de mellora empresarial, márketing, redefinición do modelo de negocio e identificación de socios e redes de cooperación ou no financiamento de servizos que lles permitan afrontar novos retos.

A Xunta xa conta con axudas para a promoción do emprego autónomo, pero esta nova medida busca que as empresas creadas conten cos mecanismos necesarios para crecer e ampliar a súa actividade cara a novos mercados para favorecer a creación de novos postos de traballo.

 

Publicidad

Facebook