Convocatorias

Axudas Principia: 10.000 euros ao ano por investigador para contratar a 110 tecnólogos durante 12 meses

O programa que pon en marcha a Xunta pretende favorecer a carreira profesional dos investigadores e estimular a demanda de personal cualificado no sector público e privado

Xa está aquí ao Programa Principia 2017. Trátanse de axudas para a contratación de tecnólogos para a realización de actividades de I+D+i. Hoxe, 22 de xuño de 2017, o Diario Oficial de Galicia publica as bases reguladoras destas axudas que están no eido estratéxico RIS3-Programa Peme Innova. As solicitudes, cun máximo de 10 contratos por entidade, poden facerse dende o 23 de xuño ata o 24 de xullo. Os beneficarios poden se empresas ou centros de investigación (universidades, fundación, centros tecnolóxicos. O Programa Principia 2017 pretende favorecer a carreira profesional e estimular a demanda no sector público e privado de personal suficientemente cualificado para o desenvolvemento da actividade investigadora.

Máis información:

http://gain.xunta.gal/artigos/283/programa+principia

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170622/AnuncioG0198-130617-0001_gl.html

 

Temas

Publicidad

Facebook