Convocatorias

Bono Autónomo: 3.000 euros para que os autónomos cun mínimo de 3,5 anos de actividade consoliden o negocio

CIDADE DA CULTURA12,30 h.- O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participará no encontro Os nosos autónomos, a nosa Forza, Galicia 2017. No edificio CINC.foto xon crespo 03/07/17
O Consello da Xunta do próximo xoves aproba a medida que beneficiará este ano arredor de 1.000 traballadores galegos por conta propia

O próximo xoves, 6 de xuño, o Consello da Xunta aprobará a creación do Bono Autónomo, unha iniciativa pioneira que facilitará 3000 euros aos autónomos para consolidar o seu negocio. Esta medida beneficiará este ano a 1.000 traballadores por conta propia, sempre que leven un mínimo de 42 meses de actividade. Con este bono poderanse financiar actividades como servizos de comunicación ou relanzamento comercial, un plan de mellora empresarial ou asistencia para xestión financeira ou optimización de procesos, entre outros.

No encontro ‘Os nosos autónomos, a nosa forza’, Feijóo presentou esta iniciativa e repasou tamén algunhas das medidas da Estratexia do autónomo 2020, na que se inscribe o Bono Autónomo e que está dotada con 40 millóns de euros anuais ata o final da década. Entre elas está a Oficina do Autónomo, unha xanela única na que cada autónomo poderá dispoñer de información de interese, como as axudas que pode recibir. “O autónomo non debe traballar para pagar a Administración, senón que a Administración debe traballar para facilitarlles a vida aos autónomos”, reivindicou.

Entre as medidas tamén está a ampliación en 16 semanas adicionais da bonificación do 100% da cota á Seguridade Social do traballador contratado cando unha persoa autónoma teña un fillo. “Deste xeito, a baixa por maternidade ou paternidade será o dobre que no resto de España”, afirmou o presidente.

Feijóo lembrou que oito de cada dez euros dos fondos previstos para os autónomos ao longo de todo o ano xa estarán activados ao final deste mes. Os autónomos consolídanse como unha prioridade nas políticas públicas, tanto a nivel autonómico como estatal. Isto queda demostrado coa nova Lei de Reformas Urxentes do Traballo Autónomo que aprobou a pasada semana o Congreso dos Deputados, “unha moi boa noticia”, segundo a cualificou Feijóo. Cando estea aprobada de xeito definitivo, Galicia estará preparada para cumprir o compromiso de reforzar e ampliar a tarifa plana para novos autónomos que ofrece o Goberno central.

Ademais, tamén repasou as medidas da “política económica útil” que axudaron a amortecer os golpes da recesión nos autónomos galegos: a eliminación con carácter xeral da licenza previa de apertura, incentivos fiscais, a Rede de Aceleradoras e a axilidade no pago a provedores (só 5, 7 días de media no primeiro trimestre). “Hoxe, ser autónomo en Galicia é menos difícil do que era en 2009”, afirmou Feijóo

 

Publicidad

Facebook