Convocatorias

Chega a segunda edición do programa Principia

A convocatoria, que se publicará este xoves, día 22 de xuño, primará a contratación indefinida, que as empresas ofrezan plans de formación e inclúe entre as novidades aos titulados en FP. A Xunta investirá máis dun millón de euros na segunda convocatoria do programa Principia co obxectivo de que as empresas creen 100 empregos cualificados para a realización de actividades de innovación

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, apostou pola contratación de persoal cualificado para impulsar a I+D+i galega, durante a visita que realizou hoxe ao centro tecnolóxico Aimen. Nesta liña, Francisco Conde anunciou a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), este xoves, 22 de xuño, da segunda convocatoria do programa Principia, orientado á contratación de investigadores novos por parte de empresas e organismos para facer do capital humano o factor diferencial das empresas e centros de coñecemento nos procesos para impulsar a súa innovación e competitividade.

A Xunta investirá máis dun millón de euros co obxectivo de crear 100 novos postos de traballo cualificados nos que se primará a contratación indefinida e que as empresas ofrezan plans de formación. Tamén como principais novidades, incluirá a titulados de FP, mellores condicións salariais e unha maior simplificación administrativa. Os interesados, contarán cun prazo dun mes para presentar as súas solicitudes. Na anterior edición deste programa pioneiro, 33 empresas e organismos de investigación realizaron un total de 80 contratacións.

Publicidad

Facebook