Convocatorias

Cinco millóns de euros para crear e desenvolver empresas

Autonómonos e emprendedores poden optar a 175.000 euros co programa Galicia Emprende 2017

O programa Galicia Emprende 2017 da Xunta ten este ano un orzamento de cinco millóns de euros para para apoiar a creación e a consolidación de novas empresas por emprendedores, autónomos e pemes.

As solicitudes á primeira convocatoria poderán presentarse ata o próximo 20 de xuño, e haberá outras dúas convocatorias que se abrirán o 30 de xuño e o 10 de outubro, respectivamente

O programa aumenta a súa dotación nun 35% e compleméntase coa primeira edición do Galicia Rural Emprende, dotado con 2,5 millóns, o que supón duplicar as axudas directas a proxectos de emprendemento con respecto ao pasado ano

Autónomos e emprendedores poden acceder a apoios de ata 175.000 euros para a posta en marcha ou consolidación temperá das súas iniciativas. Facilitarase a mobilización de investimentos por máis de 14 millóns de euros e a creación ou o mantemento de 500 empregos.

Ao amparo do Galicia Emprende apoiaranse proxectos con investimentos comprendidos entre os 25.000 e os 500.000 euros, con axudas que poden alcanzar o 35% do investimento no caso das pequenas empresas e o 25% para medianas, priorizando en todo caso o emprendemento industrial. Máis información, na web da Xunta (Consellería de Economía, Emprego e Industria).

Publicidad

Facebook