Convocatorias

Nova liña de axudas para as pemes galegas vinculadas á industria 4.0

AlexanderStein / Pixabay

A Xunta aprobará proximamente o desenvolvemento dos Instrumentos Financeiros Innovadores (IFI), unha nova liña de préstamos para apoiar o emprendemento, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico das pemes e as micropemes.

Os créditos, que están financiados con fondos europeos, contarán cun orzamento de 33 millóns de euros e permitirán mobilizar 60 millóns de euros, o que axudará a financiar máis de 100 proxectos relacionados coa industria 4.0.

Únense, así, a outras liñas de financiamento empresarial que xa ten en marcha o Goberno autonómico, dentro do Galicia 1.000, que financia proxectos estratéxicos en 3.000 pemes galegas e xa axudou máis de 5.000 empresas nas tres edicións anteriores, grazas a unha mobilización de 800 millóns de euros. O goberno galego dará máis infomación desta nova liña de préstamos nas próximas datas.

Temas

Publicidad

Facebook