Convocatorias Iniciativas

Oito claves para coñecer a nova aceleradora de startups que dará valor ao sector forestal de Galicia

O coworking impulsado pola Xunta estará ubicado no Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia en Sao Cibrao das Viñas e acollerá a partir de setembro 16 startups que trtarán de poñer en valor o sector forestal galego

Unha nova aceleradora de empresas comenza a funcionar xa en Galicia. Nesta ocasión estará vinculada ao sector forestal. Esta iniciativa, impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, tratará de apostar polas ideas innovadoras para o desenvolvemento da industria forestal galega. A iniciativa coworking estará ubicada no Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia (CIS Madeira) en Sao Cibrao das Viñas (Ourense).

_Por qué unha aceleradora de empresas do sector forestal?

_Porque é un sector prioritario para a política industrial de Galicia. A Xunta, impulsora da iniciativa, considera que este proxecto enmárcase dentro da estratexia de apoio ao emprendemento, á innovación e ao desenvolvemento de novos proxectos vinculados a sectores productivos da economía de Galicia.

_Cal es a súa finalidade?

_Poñer en valor o sector forestal galego.

_Por qué estará ubicada en Ourense?

_Porque trátase dunha provincia forestal. Ourense conta cun 80% de superficie forestal . Conta co 21% da superficie forestal de toda Galicia.

_Cando abrirá o prazo para que as empresas con iniciativas forestais poidan apuntarse?

_Neste mes de xullo.

_E cando comenzará a actividade?

_En setembro.

_Cantos proxectos serán seleccionados?

_Un total de 16.

_Cales poderán ser os eidos das iniciativas das novas startups forestais?

_O aproveitamento sustentable dos recursos forestais, os novos usos da madeira e a innovación para acadar unha maior expansión comercial.

_Que outras entidades apoirán esta iniciativa?

_O Clúster da Madeira, os colexios oficiais de enxeñeiros deste ámbito e a universidade.

Publicidad

Facebook