Iniciativas

Tes unha startup e queres mellorar a túa rede profesional? Coñece a comunidade Startup Galicia

Un emprendedor necesita traballar en comunidade, establecer unha red de contactos que lle permita mellorar o seu negocio e coñecer outras experiencias similares.

Sen saír da comunidade autónoma, existen iniciativas como Startup Galicia, “unha comunidade aberta de emprendedores, forte, dinámica, conectada e colaborativa que promove e apoia o emprendemento en Galicia”, tal e como sosteñen os seus fundadores.

Entre eles, están David Pombar, Paloma Barreiro, José Iglesias, Daniel Seijo, Javi Vázquez, Eladio Crego, Alexandre Bastos, Luz Castro, e Dani Cerqueiro.

Entre os obxectivos da súa plataforma están “xerar conexións entre os emprendedores do ecosistema, formar novos emprendedores para que se incorporen a éste, o potencien e o fagan crecer, e inspirar unha cultura que promova e valore o emprendemento e multiplique o potencial laboral en Galicia”. Podes coñecer máis ao fondo a iniciativa na web startup.gal.

Publicidad

Facebook