Iniciativas

Queres emprender no eido cultural? Na USC podes obter a formación que precisas

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) pon en marcha unha nova edición do seu curso de Experto en Xestión Cultural, dirixido a todos os interesados en emprender neste eido. Os principais obxectivos do curso son:

-Dotar ao alumnado dos coñecementos e destrezas precisas para concibir e coordinar un proxecto cultural na súa integridade, garantindo a súa viabilidade económica e impacto social.

-Facilitar a transición do sistema cultural galego cara novos modelos sostibles, con maior énfase na captación de recursos, no uso das novas tecnoloxías, na cooperación con outros sectores económicos e na vinculación cos públicos finais.

-Vincular ao alumnado con algúns dos profesionais máis destacados da xestión cultural galega e peninsular e coas principais institucións culturais da Comunidade.

-Estimular a capacidade do alumnado para xerar proxectos innovadores que respondan ás necesidades de colectivos e territorios

 

Para propiciar unha inmersión total no mundo profesional e para aplicar os contidos nos que afondamos na aula, o curso ofrece unhas prácticas optativas en institucións e empresas culturais de referencia. “A experiencia busca ser o máis persoalizada aos intereses e dispoñibilidade do noso alumnado, a quen aconsellamos e recomendamos as entidades nas que mellor poden encaixar”, aseguran os responsables da formación.

Tedes máis información do curso na súa web: http://edu.xestioncultural.com/

Temas

Publicidad

Facebook